Meryfos, os ‘Mozos de Arousa’ e a ofrenda foral ao Santo, inician as Festas de San Roque

O pregón ao cargo da ‘influencer’, o desfile dende o concello ata a Praza de España e a actuación do rapeiro Don Patricio, daban comezo ao primeiro día das festas do patrón 
Meryfos fue la encargada de la lectura del pregón de las Fiestas de San Roque de Vilagarcía 2023. U.S.L
photo_camera Meryfos foi a encargada da lectura do pregón das Festas de San Roque de Vilagarcía 2023. U.S.L

O boureo da praza de Ravella que tanto se fixo sentir cara a tardiña do venres 11 de agosto, tiña unha explicación sinxela e especial. Ás 20.30 horas asomábase ao balcón da praza de Ravella a xornalista e 'influencer' viguesa María Foscaldo (@Meryfos), que conta con máis de 21 millóns de visualizacións en TikTok. Con ela dando o pregón poñíase comezo as Festas de San Roque que durarán ata o domingo 20 de agosto.

Pregón Festas de San Roque en Vilagarcía 2023. U.S.L
O alcalde, Alberto Varela, quixo saudar aos veciños de Vilagarcía. U.S.L

Contra todo pronóstico, María sinte pánico de falar en público, segundo contou a todos os veciños e veciñas de Vilagarcía. Aínda así, a 'influencer' deu un discurso de inicio da festividade da cidade onde houbo lugar para contar a súa historia persoal e para poñer en valor o traballo de todas as profesionais da limpeza e de todos os comercios e locais que forman parte do seu día a día. Todas as referencias, foron ditas por María e por María Virtudes de Galiñanes, a repunante, a personaxe que lle acompaña e que tanta fama acada en redes sociais.

Ás 21.00 horas, unha vez rematado o pregón, comezaba o desfile da ofrenda de San Roque dende a propia praza de Ravella ata a praza de España da igrexa Parroquial de Santa Eulalia. Entre os asistentes a este pistolezado das festas, observábase moita mocidade. Entre ela, estaban os famosos 'Mozos de Arousa', Raúl, Borjamina e Bruno. Xunto a eles, outros membros da asociación 'Arousa Moza' tamén participaban no desfile levando posta a camiseta da organización.

Os mozos de Arousa non quixeron perder o pregón das Festas de San Roque de Vilagarcía 2023. U.S.L
Os mozos de Arousa non quixeron perder o pregón das Festas de San Roque de Vilagarcía 2023. U.S.L

Todos os anos, os días das festas do Patrón de Vilagarcía están repletos de multitude de actividades para todos os públicos. Deste xeito, ademais das liturxias e tradicións galegas, introdúcense puntos de vangardas con actuacións musicais de grandes artistas. O venres pola noite, o rapeiro de música urbana, Don Patricio, ofreceu un concerto ás 23.00 horas no Parque da Xunqueira para rematar o primeiro día de festa bailando ao puro estilo urbano.

Tanto as persoas locais como a gran afluencia de visitantes, esperan con moita ilusión os días que están a vir. Os sorrisos deste primeiro día das Festas de San Roque 2023 parece estar preparados para seguir estando presentes.

Actividades antes da Festa da Auga

Hoxe ás 19.30 horas terá lugar o Certame Festaclown polas rúas e ás 23.00 horas comezará o concerto de Hijos da Lúa no Parque da Xunqueira. O domingo 13, terá lugar Tarzán O Musical e o luns no mesmo lugar darán un concerto Lontreira ás 21.00 horas e Rayden ás 23.00 horas.

O martes 15, ás 11.30 horas oficiarase a misa de San Roque cantada pola Coral de Santa Eulalia e ás 12.30 horas terá lugar a procesión. Finalizado o percorrido haberá repartición de viño e empanada.  Pola noite, ás 21.30 horas comezará o concerto da Xaiba no Parque da Xunqueira e ás 23.00 horas, terá lugar o concerto de Factoría de Subsitencia, comezando así a noite da Festa da Auga.