A Escola de Música abre o prazo extraordinario de matrícula en varias especialidades

Quedan vacantes nos grupos de vento madeira e metal, así como nas materias de Música e Movemento, Linguaxe Musical de adultos e en Agrupacións ▶ A matrícula deberá formalizarse na secretaría do centro o venres 8 de setembro de 10.00 a 13.30h e de 16.30 a 20.00h

Docentes de la Escola Municipal de Música Bernardo del Río en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Docentes da Escola Municipal de Música Bernardo del Río. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Escola Municipal de Música Bernardo del Río abre un prazo extraordinario de inscrición para cubrir as vacantes para o próximo curso escolar 2023/24 en varias especialidades, tanto instrumentais como non instrumentais. A matrícula deberá formalizarse na secretaría do centro o venres 8 de setembro, de 10.00 a 13.30h e de 16.30 a 20.00h. Tamén se pode remitir a documentación ao correo electrónico [email protected].

As especialidades nas que aínda quedan prazas libres son as seguintes: Música e Movemento (grupos de 4 a 7 anos), Vento Madeira (saxofón, clarinete e frauta traveseira), Vento Metal (trompeta, trombón, etc…), Linguaxe Musical de adultos e Agrupacións.

O impreso de matrícula está dispoñible no taboleiro de descargas da páxina web. Xunto con este formulario debidamente cuberto, os interesados deberán presentar o documento que acredite o número de conta bancaria (IBAN) e o DNI do titular de dita conta, a obxecto de domiciliar os recibos. As clases comezarán o vindeiro luns 18 de setembro.