Comesaña pon en valor o traballo das asociacións de coidado da saúde mental

O conselleiro visitou a Asociación e Fundación Lar pro saúde mental, institución que leva tres décadas realizando accións que se centran na atención especializada a adolescentes con problemática psiquiátrica
Julio García Comesaña probando el juego educativo 'Un hacker no meu cerebro'. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Julio García Comesaña probando el juego educativo 'Un hacker no meu cerebro'. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou na mañá deste mércores a Asociación e Fundación Lar pro saúde mental, da que destacou que leva ao redor de tres décadas promovendo e fomentando actividades dirixidas á creación e integración de programas residenciais. Accións que se centran, -remarcou o titular da carteira sanitaria-, na atención especializada a adolescentes con problemática psiquiátrica e, polo tanto, esta entidade coñece ben as necesidades da comarca do Salnés no eido da saúde mental.

Comesaña subliñou que a Xunta celebra a existencia de asociacións como Lar pro saúde mental, e dixo que o Executivo galego seguirá a colaborar con elas en todo o que sexa posible. Ao respecto, Comesaña incidiu en que o departamento sanitario que dirixe quere seguir formando parte das accións que emprende esta asociación a través dos seus programas, dos que remarcou que serven para adquirir equipamento destinado a cursos formativos, así como para incidir na calidade de vida no domicilio ou contribuír na prevención das condutas suicidas en menores.

Neste senso, o conselleiro anunciou que a Xunta aprobará este mes unha nova convocatoria de axudas destinadas ás asociacións, para a que se prevé un orzamento de máis de 1,2 millóns de euros, polo que animou ás entidades como a Lar pro saúde mental a que presenten os  seus proxectos.

Julio García Comesaña probando el juego educativo 'Un hacker no meu cerebro'. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Francisco Barcala, creador del juego 'Un hacker no meu cerebro', mostrando los controles al conselleiro. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O conselleiro felicitou á asociación vilagarciá pola execución de programas pioneiros como son Vixilantes de Axuda ou Un hacker no meu cerebro, creado por el vilagarciano Francisco Barcala, e para rematar a súa intervención reiterou a intención da Xunta de seguir tendendo a man ás asociacións que colaboran co Goberno galego no coidado da saúde mental, que é responsabilidade de todos, tanto de administracións, profesionais, asociacións e sociedade civil.

Na visita deste mércores, o conselleiro de Sanidade estivo acompañado polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal; polo xerente da área sanitaria, José Flores; así como pola directora do distrito sanitario do Salnés, Encarnación Lucas.