A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Fondón e Chanca

As tarefas están levándose a cabo ao longo de algo máis de 3,5 quilómetros
Traballos nos ríos Fondón e Chanca de Meaño. DS
photo_camera Traballos nos ríos Fondón e Chanca. DS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar a execución de actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Fondón e do río Chanca ao seu paso polo concello de Meaño.

Os traballos execútanse en distintos tramos ao longo de algo máis de 3,5 quilómetros, coincidindo co seu percorrido por distintas parroquias deste municipio. As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedan despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.