Inicia a cuarta fase de renovación do alumeado público

Nesta nova actuación, cofinanciada co IDAE e a Deputación, sustituiranse 505 luminarias
Plaza del Concello de Meaño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Plaza del Concello de Meaño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Meaño comeza a execución dun novo proxecto, o cuarto desde a chegada de Carlos Viéitez á Alcaldía, para a renovación do sistema de alumeado público por tecnoloxía Led. Nesta ocasión sustituiranse 505 puntos de luz ao longo de gran parte do territorio municipal, acadando así o 85% con luminarias led. Con outros dous pequenos proxectos, xa aprobados e pendentes de iniciarse, logramos instalar o 100% luminaria led en todo o concello en esta lexislatura.

O novo sistema de alumeado municipal conleva unha mellora sustancial do servicio e tamén un importante aforro no coste enerxético do servizo que implicará unha rebaixa na factura que rondará o 80%. Carlos Viéitez apunta ao compromiso medioambiental do goberno local como obxectivo prioritario dunha iniciativa avalada por un traballo continuado de xestión de recursos para a súa execución.

A actuación que agora comeza, ao igual que as tres anteriores, está financiada polo Instituto por la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), pola Deputación de Pontevedra e polo Concello que recurriu a estas administracións en busca de recursos para avanzar no seu principal obxectivo da redución do 40% das emisións de CO2 a medio plazo.

Nesta nova fase, a renovación das instalacións de iluminación exterior afectan a Aldea Quintáns, Aldea Souto e Igresa (82); Aldea Pazos, aldea Vilariño e Igrexa (60); Quintáns, aldea Vilariño (13); Lugar de A Laxe (36); Lugar de Paradela (23); Paradela e Río Dávila (72); rúas Desiderio Dóvalo e Herminia Fariña (19); lugar de Agros e O Outeiro (54); Aldea de Coirón (19); Seixiños e EP-9301 (11); Seixiños e EP-9303 e EP-9301 (38); Chanca, Abuín, Viliquín e estrada Dena-Meaño (56) e Abuín (22).

“Temos un compromiso claro coa sostinibilidade, co aforro enerxético, coa eficiencia, co clima, contribuindo así a cumplir os obxectivos da Axenda 2030. Dende a miña chegada á Alcaldía a implantación das luminarias Led foi unha prioridade, unha aposta persoal da que xa podemos ver resultados. Pasamos dun 18% do alumeado público con Led cando cheguei á Alcaldía a algo máis dun 80% cando remate esta cuarta fase e logrando o 100% da instalación luminarias led en todo o concello de Meaño en esta lexislatura ”, apunta Carlos Viéitez.