Carlos Viéitez (VECIÑOS DE MEAÑO): "Traballamos co maior investimento da historia"

O actual alcalde de Meaño buscará o 28-M volver a facerse coa Alcaldía logo de mudar de partido procedente do Partido Popular
Carlos Viéitez, candidato de Veciños de Meaño. DS
photo_camera Carlos Viéitez, candidato de Veciños de Meaño. DS

O seu paso do Partido Popular a Veciños de Meaño condicionará os resultados da súa formación o 28-M?
Eu confío en renovar a confianza que a veciñanza de Meaño depositou en min hai catro anos. Coa creación deste novo partido demostramos que non estamos dispostos a permitir inxerencias de ninguén de fóra en decisións que nos atañen a nós. Ningún veciño ten dúbidas neste momento de que tanto para min como para calquera dos membros da candidatura Meaño está por riba das siglas dos partidos.

Que accións cambiaría dos seus catro anos de mandato?
A que agora remata é a lexislatura con maior investimento da historia de Meaño. Démoslle a volta a todo o sistema viario interno do municipio, con casi un millón de euros destinados a asfaltados. Humanizaronse entornos, fixeronse beirarrúas anchas, espazos peonís e inclusivos, e avanzouse noutros eidos. Esta foi a lexislatura con máis eventos culturais, deportivos e musicais; eventos cun gran retorno económico para Meaño. Eu non cambiaría nada.

A súa escisión do Partido Popular supuxo un cambio nas relacións cos entes autonómicos xerando desvantaxes para Meaño?
A miña relación con todas as administracións é cordial. Pode que o Partido Popular entenda a política de xeito partidista e beneficie con investimentos aos concellos afíns. Claro que podía ter investido máis en Meaño pero ainda co Partido Popular obstaculizando o municipio rexistrou unha transformación sen precedentes.

Fai catro anos prometía un novo auditorio, un centro de día, novos aparcadoiros... Non ter cumprido estas promesas xogará na súa contra nas urnas?
Esquece vostede que padecimos unha pandemia que nos tivo ás administracións dous anos centrada nas persoas. En Meaño preocupámonos de atender á nosa xente. Este é un municipio rural e con pouca poboación e tivemos que asumir con fondos propios limpezas, desinfeccións, mascarillas, e habilitar axudas para que a nosa xente se resentise o menos posible coa crise económica que veu despois da sanitaria. Ainda así mercamos os terrenos para o novo auditorio...

A súa ausencia no debate colectivo entre os candidatos á alcaldía pode afectar nos votos indecisos?
Confío en que o criterio dos veciños e veciñas de Meaño á hora de emitir o seu voto se base na xestión destes catro anos, no avance do municipio e tamén no noso talante de unión, alonxado de polémicas, mentiras, insultos e terxiversacións. Neste tipo de foros nunca me encontrarán nin a min nin a ningún membro do meu equipo.

Cal sería o proxecto que lle gustaría levar a cabo con máis rapidez en caso de repetir como rexedor? 
Hai varios, como o auditorio ou a mellora do centro de día, pero a min o que me gusta é crear un Meaño con harmonía, no que os veciños sintan ganas de sair a pasear, a compartir, un sitio no que apeteza ainda máis vivir. E para eso debemos humanizar todas as estradas posibles e que os camiños rurais luzan limpos para camiñar todo o ano.

O seu lema é “Eu creo no equipo”. Cales son os puntos fortes da súa lista?
O noso lema é traballo e realidades e eses son precisamente os puntos fortes da nosa lista. Veciños de Meaño é un equipo de persoas que representa o sentir de Meaño. Persoas de paz, de capacidade de traballo, de implicación social. É unha lista que combina experiencia e xuventude, que comparte ilusión e que leva a Meaño no corazón. Veciños de Meaño é un equipo de persoas que representa o sentir de Meaño. Persoas de paz, de capacidade de traballo, de implicación social. É unha lista que combina experiencia e xuventude, que comparte ilusión e que leva a Meaño no corazón

Na presentación da candidatura comentaban que son “O equipo que Meaño necesita”, pero…qué necesita Meaño?
Seguir sendo un referente. Somos o municipio cos impostos máis baixos; todos os servizos públicos son de xestión municipal; un municipio referente en eventos culturais, deportivos e musicais; cuns datos de pernoctacións extraordinarios para un municipio rural. Todo esto non é casual, é o resultado de dúas cousas: traballo e xestión. Eso é o que Meaño necesita