Vídeo

Despedida de Sandra Fernández e presentación da candidatura de Francisco Leiro polo BNG de Sanxenxo

Francisco Leiro tomará o relevo da histórica militante do BNG de Sanxenxo, Sandra Fernández Agraso, como candidato á Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de maio de 2023. Así o confirmaron durante a mañá deste xoves dende a formación sanxenxina nunha comparecencia na que Fernández Agraso ofeceu motivos persoais para xustificar que non se repita a súa candidatura, se ben asegurou que "non me vou do BNG". Máis información AQUÍ

[VÍDEO: ALBA MOLEDO UCHA]