Vilagarcía convoca cinco prazas de brigadistas para actuar contra os incendios

Os interesados en participar no proceso deben presentarse o 24 de xullo na sede de Emerxencias para realizar as probas de selección para o servizo, que estará operativo durante tres meses
Un incendio en O Vento,  en Vilagarcía de Arousa. ARCHIVO/EUROPA PRESS
photo_camera Un incendio en O Vento, en Vilagarcía de Arousa. ARCHIVO/EUROPA PRESS

Vilagarcía volverá ter a súa propia brigada de prevención de incendios forestais este verán. Así o anunciaron este mércores dende o Goberno local, que levará a cabo a acción en colaboración coa Consellería de Medio Rural, mediante un convenio. A brigada contará con cinco efectivos que estarán operativos durante tres meses para as tarefas de prevención e extinción de lumes nos montes do municipio, e que deberán presentarse o 24 de xullo nas dependencias do Servizo Municipal de Emerxencias para realizar as probas de acceso.

Os postos convocados polo Concello correspóndense con un xefe/a de brigada (grupo C1), un condutor/a (AP) e tres peóns (AP). Os requisitos que deben cumprir os aspirantes están recollidos nas bases da convocatoria, onde tamén figuran o tipo de probas ás que deberán someterse na selección, que se fará mediante o procedemento de concurso-oposición libre, e nas que se valorarán tanto os méritos como o resultado das probas a realizar. As bases pódense consultar na sede electrónica do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal) no apartado de Recursos Humanos e, dentro deste, no de Procesos Selectivos.

As probas comenzarán ás 9.30 horas do vindeiro luns, e as persoas participantes deberán levar o DNI e un currículo vitae debidamente xustificado con documentos orixinais. Tamén deberán levar roupa deportiva apta para realizar as probas físicas.