O New Millennium International Chamber Musical Festival arranca coa formación a 40 Erasmus chegados de diversos países

Organizado pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, conta coa dirección de Miranda Liu, violinista norteamericana concertina da Orquestra de Budapest
El auditorio de Vilagarcía acogerá la cita. DS
photo_camera O auditorio de Vilagarcía acollerá a primeira das citas. DS

O New Millennium International Chamber Musical, o festival de música clásica que se desenvolve en Vilagarcía do 3 ao 7 de abril, arranca este luns co programa formativo no que recoñecidos músicos e intérpretes de prestixio internacional impartirán masterclasses a 40 estudantes bolsados polo programa Erasmus+ chegados de distintos lugares do mundo e que compartirán a experiencia con alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía. O festival organizado pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía comparte sede coas cidades de Sofía, Viena e Budapest e inclúe a celebración de catro concertos ao longo desta semana, tres dos cales son abertos ao público.

Vilagarcia converterase esta Semana Santa na capital da música de cámara de todo o país grazas a este evento promovido pola SFV, financiado polos fondos europeos do Erasmus+ e unha achega da SFV e no que o Concello de Vilagarcía colabora poñendo a disposición as instalacións culturais e dando difusión ao festival.

O certame, creado e dirixido pola recoñecida violinista norteamericana, Miranda Liu, contará coa participación dun equipo composto por oito músicos que xa contan cunha relevante traxectoria en formacións de todo o mundo, con moitos premios no seu haber e cun gran recoñecemento internacional. Eles serán os encargados de impartir a formación ao alumnado e de ofrecer, ben sós ou xunto dos erasmus, os concertos dos que poderán gozar os vilagarciáns. A lista destes artistas principais a encabeza a propia Miranda Liu e complétase no apartado de violín coa participación de Vlad Stanculeasa. Mathiu Herzog e a galega Inés Picado compoñen o dúo de viola e Kyril Zlotnikov aporta o cello. A frauta soará grazas ao virtuosismo de Adriana Ferreira e o clarinete do galego Darío Mariño. Por último, Georgy Tchaidze sentarase fronte ao piano.

O programa formativo do New Millennium desenvolverase de luns a venres mediante a impartición de clases, masterclasses e workshops. E as actividades ampliaranse coas actuacións para que todos os vilagarciáns poidamos afondar e gozar da música de cámara.

O concerto inaugural celebrarase o mércores 5 de abril no Auditorio con entrada de balde. O pazo de Rubiáns acolle o xoves 6 a actuación do cuarteto Atenea. Neste caso o aforo ofrecerase un aperitivo polo que se estableceu unha entrada a 26 euros. O salón García será o escenario do concerto do venres 7, con entrega de balde e o programa pecharase ese meso día cun concerto no Pazo Castriño exclusivo para socios da SFV.

A colaboración que a Sociedade Filarmónica mantén habitualmente co Conservatorio Profesional de Vilagarcía para facilitar a asistencia do alumnado aos concentos da súa programación, repetirase caso do New Millenium xa que, aparte de proporcionarlles a ocasión de participar nas actividades formativas, tamén se reservan 30 entradas para os alumnos e alumnas do centro municipal.

Calendario de concertos
- Mércores 5 Abril 2023 . 20:30 h • Auditorio Municipal. Entrada gratuíta.
Ludwig van Beethoven: Sonata para violín e piano en Sol maior nº 10,Op 96
Miranda Liu, violín. GeorgyTchaidze, piano
Johannes Brahms: Cuarteto con piano en sol menor nº 1 Op, 25
VladStanculeasa, violín. MathieuHerzog, viola. KyrilZlotnikov, cello. GeorgyTchaidze, piano.
- Xoves 6 Abril 2023. 20:30h. Pazo de Rubians. Entrada: 26 € (ESGOTADAS)
Apertura de portas ás 19:30 para visitar os xardíns do pazo. Ao finalizar o concerto degustación de viño albariño Pazo de Rubianes.
Benjamin Britten: 3 divertimenti para cuarteto de corda
Cuarteto Atenea
Alberto Ginastera: Impresións de Puna para frauta e cordas
Adriana Ferreira, frauta e novos artistas do NMICMF
Wolfgang Amadeus Mozart: Quinteto para clarinete e cordas en La maior, K581
Dario Mariño, clarinete. Miranda Liu, violín I. Vla d Stanculeasa, violín II
Mathieu Herzog, viola. Kyril Zlotnikov, cello.
- Venres 7 Abril 2023. 12:30 h. Salón García. Entrada gratuita.
Franz Joseph Haydn: Cuarteto op 76 nº 3 "Emperador"
QuatuorWassily
Andrzej Panuflik: Cuarteto nº 3 "Wycinanki"
PraskiQuartet
Felix Mendelssohn-Bartholdy: Cuarteto nº 2 na menor Op. 13.
Cuarteto Atenea
- Venres 7 Abril 2023. 20:30 h. Pazo do Castriño. Exclusivo socios SFV
Ludwig van Beethoven: Serenata para frauta, violín e viola en Re maior, Op. 25 Adriana Ferreira, frauta. Miranda Liu, violín. Inés Picado, viola.
Piotr Ilich Tchaikovsky: Souvenir de Florence Op. 70
Vlad Stanculeasa, violín I. Miranda Liu, violín II. Mathieu Herzog, viola I. Inés Picado, viola II. Kyril Zlotnikov, cello I. TatsukiSasanuma, cello II.
Adrés Gaos: Impresión nocturna para cordas
NMICMF Ensemble. Miranda Liu , directora artística.