A Festa da Ameixa de Carril anuncia os premiados da súa XXVIII edición

Unha das últimas edicións da Festa da Ameixa de Carril. DS/ARQUIVO
A xunta directiva da 'Orde da Ameixa de Carril' acordou outorgar os premios por unanimidade no seu XVI Capítulo da Orde

A Festa da Ameixa de Carril anunciou os premiados da súa XXVIII edición despois de que a xunta directiva da Orde da Ameixa de Carril acordara, por unanimidade, outorgalos no seu XVI Capítulo da Orde.

O premio Parquista Xoven recaeu en Pío González Pérez, mentres que Marcial Nogueira Leiro recibiu o Parquista de Honra. Os galardóns para as empresas foron para Cobre San Rafael, a Ameixa de Ouro, e para Venerupisgal S.L, a Ameixa de Prata.