Da poesía e á danza ao heavy metal, a oferta lúdico cultural da fin de semana en Vilagarcía

A Banda de Música abre a axenda esta noite co concerto que ofrecerá a partir das 21.00 horas no Piñeiriño
Certamen de bandas de música en Vilagarcía. RAFA FARIÑA
photo_camera Certamen de bandas de música en Vilagarcía. RAFA FARIÑA

A longa axenda lúdica e cultural de Vilagarcía para esta fin de semana inclúe todo tipo de actividades e xéneros a desenvolver ata o luns. Danza, literatura, poesía, música popular e heavy metal son as propostas das que poderán gozar os vilagarciáns sen saír da casa.

A Banda de Música de Vilagarcía estrea a axenda co concerto que ofrecerá esta noite a partir das 21.00 horas no barrio do Piñeiriño no marco do programa A Banda na Rúa. Para a ocasión interpretarán un ameno programa con música moi animada e popular con temas de Mocedades, Abba, pasodobres, etc…


O sábado soben os decibelios co Alén Metal Fest, o festival de heavy e metal rock que se celebra no Parque da Xunqueira con entrada de balde. A partir das 20.00 horas actuarán as bandas Sala Velatoria, Dormanth, Attick Demons, Dismal e Bloodhunter.

Tamén o sábado, pero no Auditorio, os amantes da danza poderá asistir no Auditorio ao espectáculo "Universal" organizado polo Inquedanza Dance Studio. Dende os ritmos latinos ata o vibrante swing ou o seductor zouk brasileño, pasando pola danza contemporánea ata o actual reaggeton, o espectáculo fai un percorrido por diferentes xéneros e culturas a través do baile. As entradas para este espectáculo custa 5 euros e pódense adquirir mañá na billeteira do Auditorio de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas. A función comeza ás 20.30 horas.

O domingo ás 13.00 horas os amantes da poesía e o público en xeral que estea gozando da hora do vermú na zona de bares da rúa Méndez Núñez poderán descubrir o talento artístico e cultural do escritor e poeta, Alberto Avendaño, e da poetisa e músico, Clara Pino, a través dunha nova sesión do VermuteArte.

E seguindo coa literatura, o luns, na confluencia das rúas da Baldosa e Rey Daviña desenvolverase unha sesión das Conversas Arredor. O protagonista da xornada é o escritor Manuel López Rodríguez que, de xeito informal e a través da charla, presentará os seus libros "Cruz(eiro) e "para que non me esquezan".