A calidade dos peixes e mariscos galegos traspasa fronteiras a través da iniciativa 'Galicia sabe amar'

O representante autonómico, visitou esta mañá do xoves 18 de agosto, a furgoneta que está parada en Vilagarcía ata o sábado 

foodtruck
photo_camera Agustín Reguera visita a 'foodtruck' de 'Galicia sabe amar' en Vilagarcía de Arousa. DS

Catro foodtrucks levan o sabor de Galicia a distintos puntos de España a través do lema Galicia sabe amar. Actualmente, unha desas furgonetas está na cidade de Vilagarcía de Arousa. Durante a mañá do xoves 17 de agosto, o representante autonómico, Agustín Reguera visitou a foodtrack en Arousa que estará ata este sábado na Alameda de Vilagarcía.

Esta iniciativa itinerante, impulsada pola Consellería do Mar ten como obxectivo publicitar os nosos produtos mariñeiros, marisqueiros e pesqueiros. O delegado territorial quixo destacar “a gran homenaxe que supón está iniciativa para os traballadores e traballadoras do mar, pero tamén para as millares de persoas que traballan en outros chanzos da cadea e que son imprescindibles para que o mar galego siga sendo sinónimo de calidade e sabor”.

Ademais, lembrou que “son este tipo de iniciativas que cruzan os nosos límites xeográficos as que nos permiten mellorar a nosa fama gastronómica no resto do país. Aquí estamos habituados porque, sobre todo no verán, cada día celebramos unha festa gastronómica, pero temos que seguir traballando dende as institucións para que os nosos produtos e os nosos profesionais teñan o recoñecemento que se merecen tamén fora de Galicia”.

Este proxecto leva meses en ruta e seguirá desenvolvéndose ata chegar a 260 concellos de toda España vencellados ao Camiño de Santiago e cunha poboación de máis de 13 millóns de habitantes tras percorrer preto de 6.500 quilómetros con catro foodtrucks.

A través da mesma, ofreceranse ata 1.000 degustacións e repartiranse gratuitamente 200.000 pinchos elaborados con produtos certificados do mar e da terra da nosa comunidade con dez receitas distintas que permitirán gozar da calidade e dunha alimentación sa.