Último día para ‘Alterarte’ na sala Nauta de Sanxenxo

A exposición colectiva está ata mañá 10 de agosto en horario de 12.00 a 14.00 horas pola mañá e de 19.00 a 1.00 horas pola tarde
galerista
photo_camera A galerista Ofelia Pousa custodiando a exposición da Sala Nauta. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA

Defínese miscelánea como a mistura de cousas diversas. Ata o xoves 10 de agosto pódese desfrutar dunha artística miscelánea na Sala Nauta de Sanxenxo. Da man da Asociación Alterarte, artistas de diferentes tendencias expoñen as súas obras que van desde o abstracto ao realismo e dende o óleo á acuarela.

"En cada expositor hay un pintor diferente con su temática. Con diferentes técnicas, desde acuarela, mixta u óleo. Es totalmente libre", explica a galerista Ofelia Pousa. "Hemos tenido bastante afluencia de personas. Un poco de todo. Gente de la zona, del extranjero, gente inglesa que viene a ver y se lleva algo", engade.

Dende o 2007, a Asociación Alterarte celebra anualmente unha exposición colectiva dos artistas que a compoñen na Sala Nauta de Sanxenxo. "Tenemos una clienta que viene todos los años que se lleva unas cuatro o cinco láminas. En lugar de hacer otro tipo de regalos ella lo que regala es pintura", comenta a galerista.

A actual exposición comezou o pasado mércores 28 de xullo e remata mañá xoves 10 de agosto. O horario é de 12.00 a 14.00 horas pola mañá e pola tarde, se vai bo tempo, é de 19.00 a 1.00 horas e, se vai mal tempo, de 18.00 a 0.00 horas. Respecto ao tipo de persoa que non só asiste a ver a exposición, senón tamén a mercar cadros, láminas ou esculturas, Ofelia afirma que «son personas de unos 50 o 60 años, más o menos, que tienen casas y que se llevan cuadros para regalar».

Esculturas dun bico, a luz do fondo mariño en óleo ou as cores dun barco veleiro no mar ou dun atardecer sobre acuarela parecen ser agora en Sanxenxo as novas postais das viaxes.