En Sanxenxo, durmir vendo o ceo estrelado, é posible

Un total de cinco burbullas, no interior dun viñedo de albariño e equipadas con telescopios, permiten achegarse ás estrelas
Unha das Burbujas Astronómicas Albarari en Sanxenxo. DAVID FREIRE
photo_camera Unha das Burbujas Astronómicas Albarari en Sanxenxo. DAVID FREIRE

En poucos lugares é posible desfrutar do ceo estrelado. Non obstante, lonxe do que poida parecer, Sanxenxo, un lugar con gran afluencia de persoas no verán, ofrece, non só calma, senón un lugar único dende o que desfrutar dos ceos estrelados do verán.

Chámase Brubujas Astronómicas Albarari e, como o seu nome indica, é unha empresa que, nesta zona das Rías Baixas, dispón de cinco habitacións en forma de
burbulla a través das cales poder gozar das marabillas do universo. Como eles afirman, trátase dun «innovador modelo de negocio que combina a actividade educativa e divulgativa en materia de Astronomía, coa posibilidade de vivir unha experiencia inmersiva en plena natureza».

As cinco gran burbullas están localizadas nun viñedo de albariño no interior das Rías Baixas e a poucos quilómetros da praia de Silgar e a dez minutos do miradoiro As Canteiras. Son consideradas tendas de luxo e con servizo exclusivo. En plataformas como Booking ten máis dun oito de puntuación. Por outro lado, a súa filosofía de negocio fai que reciba o selo de Soy Ecoturista: Asociación de Ecoturismo en España.

As burbullas teñen telescopios e a experiencia non só permite observar as estrelas, senón tamén aprender sobre o funcionamento do universo. Ademais de poder desfrutar dunha noite singular e caracterizada pola calma, hai tamén a posibilidade de pedir o almorzo ao día seguinte. Durmir vendo un ceo estrelado é algo que non sucede todos os días, e almorzar co sol saíndo no horizonte, tampouco.

Con Brubujas Astronómicas Albarari as persoas poden desfrutar dunha experiencia inigualable e da inmensidade do mundo.