Quen dixo que andar sobre o mar non era posible?

A praia de Silgar é unha das poucas de Galicia que dispón de pedaletas coma estas con deseños e formas atractivos
(3G8A8006.JPG)  Sanxenxo Por la mañana a cualquier hora desde las 10 Reportajes para la pagina de Verano con Uxia Hablar con ella porque tiene que ir con vosotros desde Vilanova o Pontevedra 600 59 31 29 1 Repor a una familia que este pasando las vacacio16186
photo_camera As pedaletas da praia de Silgar ao servizo da diversión. DAVID FREIRE

A praia de Silgar é unha das poucas de Galicia que dispón de pedaletas coma estas con deseños e formas atractivos. Na praia de Silgar, a máis representativa do municipio, é posible andar sobre a superficie das súas augas. As artífices deste feito, nun principio imposible, son as famosas pedaletas. A diferencia das outras moitas pedaletas que albergan outras praias, as da praia de Silgar son de formas e cores rocambolescas.

"Estas pedaletas salieron al mercado en el 2020. Nosotros viajamos bastante, y en una feria vimos que una empresa de Málaga se dedicaba exclusivamente al tema de pedaletas", explica o encargado do posto das pedaletas, Carlos Castaño Castro. Este posto, como o chiringuito e o posto das tumbonas forman parte dunha concesión do Concello. "Las nuevas pedaletas son del 2021. En ese año se nos acabó la concesión que teníamos y uno de los requisitos para concursar aquí era que el material tenía que ser todo nuevo", continúa explicando Carlos.

A mellor acollida está entre a xente nova. "Algunas personas mayores hacen uso de las pedaletas pero están enfocadas a las personas jóvenes. Chavales de siete a 14 años. Y luego para sacarse fotos, gente de 18 y de 19 años», afirma Carlos. Por outro lado, a maior parte de persoas que usan as pedaletas son turistas pero do territorio español, aínda que no mes de xulio hai moita afluencia de turista portugués, segundo matiza Carlos.

O horario de servizo de pedaletas é de 10.30 horas a 21.00 horas e hai dous tipos de pedaletas. Por un lado, están as pedaletas amarelas, que poden alugarse a partir da media hora por nove euros e, por outro lado, están as pedaletas decoradas. Nestas últimas, a media hora costa 15€ e a hora enteira 25€. "Intentamos siempre estar a la última, porque al final nosotros vivimos de esto", exclama Carlos.