Praia de Areas, un pretexto para pasar tempo en familia

Moita mocidade ven coas súas familias a esta zona de Sanxenxo por ser un lugar tranquilo, acondicionado e con areas finas e brancas
praia areas familia gimp
photo_camera Gabriela Rodríguez, do interior de Lugo, coa súa amiga Nerea, na praia de Areas. DS

Chámase Gabriela Rodríguez e é dun pobo do interior de Lugo. Todos os anos, a súa familia pasa o mes de xullo nun apartamento da zona de Areas, ao noroeste de Sanxenxo. Coma a súa, moitas familias do interior intentan escapar da calor tan persistente das zonas fastadas do mar.

"Llevamos desde el 2007 o 2008 veraneando en la playa de Areas. El dueño del apartamento en el que nos alojamos ya nos conoce", expresa Gabriela. Unha vez remata o curso universitario a comezos de xuño, a moza de 21 anos fai as maletas coa súa familia e póñense en dirección á costa das Rías Baixas.

"Una de las cosas que más me gusta de venir aquí es pasar tiempo en familia. Durante el curso estoy fuera por estudiar en la universidad y apenas pasamos tiempo juntos mi
familia y yo", declara Gabriela. Outros moitos mozos e mozas están na mesma situación de Gabriela. Debido a isto, a moza xa ten un grupo de amigos que todos os anos saben que se reencontrarán na zona de Areas.

"Por las mañanas una amiga y yo estamos yendo a correr. Luego bajamos a la playa, comemos, echamos una siesta y volvemos a la playa", afirma Gabriela respecto
ao seu día a día nesta zona de Sanxenxo. "Antes de ir a casa solemos parar a tomar algo en un bar. Y para salir vamos a la zona de Sanxenxo", continúa expoñendo a moza de Lugo.

A zona de Areas é moi elixida para as vacacións en familia. A praia ten un areal protexido dos ventos, e conta cunhas augas tranquilas e perfectas para practicar deportes acuáticos. Ten a bandeira Azul, ademais de aseos, duchas, zona para comer, aparacamento e socorristas, entre outros moitos servizos.