Ribadumia disfrutará este mércores do novo concerto de 'Música no Ar'

Concerto do grupo durante o pasado mes de maio en Pontevedra. DAVID FREIRE
Alba Barreiro Trío presenta Eixos cromáticos no Pazo Quinteiro da Cruz cunha actuación ao redor dos sons da arpa, flauta e violonchelo

O Pazo Quinteiro da Cruz de Ribadumia será este mércores 19 de xullo o novo escenario do programa cultural Música no Ar, co concerto que ofrecerán Alba Barreiro Trío ao redor do seu proxecto Eixos Cromáticos.

A cita promovida pola Deputación de Pontevedra, na que a arpista viguesa Alba Barreiro actuará xunto a Pablo Mera (frauta) e Margarida Marino (violonchelo), agotou xa todas as entradas. 

Eixos cromáticos ofrece unha viaxe a través dalgunhas das composicións de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay, transcritas e arranxadas por Alba Barreiro para arpa soa e trío de frauta, violoncello e arpa.

Con Música no Ar, a Deputación de Pontevedra está a programar ao longo deste verán quince actuacións de música clásica e de cámara en espazos patrimoniais da provincia como museos, igrexas, bens do patrimonio industrial, castelos, pazos ou fortalezas. Tralo paso polo Pazo Quinteiro da Cruz de Ribadumia este mércores, a iniciativa continuará en agosto por outros puntos da provincia.