A Xunta cede ao Concello un treito da estrada EP-9301 en San Tomé de Nogueira

Transfíreselle á entidade local o treito inicial de 320 metros no lugar de Arcos, que percorre a travesía de Meis e San Salvador ata o enlace coa autovía do Salnés
Fachada del Concello de Meis. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fachada do Concello de Meis. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Consello da Xunta autorizou este xoves o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Meis dun treito da estrada provincial EP-9401, na parroquia de San Tomé de Nogueira.

Trátase, concretamente, do treito inicial desta estrada provincial, no lugar de Arcos, que suma 320 metros e percorre a travesía de Meis e San Salvador ata o enlace coa autovía do Salnés (AG-41).

O Concello de Meis e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio no que estableceron a obriga da entidade municipal de solicitar a transferencia de titularidade desta via.

Así, a Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable ao cambio de titularidade do treito da
estrada provincial EP-9401, comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 0+320.

Co cambio de titularidade, o Concello de Meis terá a competencia para actuar neste treito da estrada EP-9401 e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

O decreto aprobado este xoves polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.