Marta Lucio (PP): "Á cidadanía de Meis pídolle ofrecer humildade, traballo e honradez"

A candidata popular preséntase por primeira vez como cabeza de lista cun proxecto que ten como eixos vertebrais a cultura e a recuperación da poboación do municipio
Marta Lucio, candidata do PP de Meis. GONZALO GARCÍA
photo_camera Marta Lucio, candidata do PP de Meis. GONZALO GARCÍA

Na súa presentación falaba de devolver o protagonismo perdido ás parroquias e aos veciños. Que medidas teñen en mente para levalo a cabo?
Fundamentalmente referímonos nesta cuestión a que se está centralizando en exceso e se están abandoando as parroquias, sobre todo en temas tan trascendentais como son o mantemento das calzadas, as pistas, e incluso as pistas da parcelaria. A xente estase queixando moitísimo dos desbroces, de que non existen. Por iso nós dicimos que hai que preocuparse máis das parroquias, que está moi ben estar nas redes sociais e sacar fotos, pero en realidad un municipio como Meis, que é fundamentalmente rural, ten unha serie de cuestións como son o mantemento que teñen que ser constantes e diarias. E despois tamén hai outras cuestións que me parecen importantes como descentralizar todo o que é actividade cultural, que se poida levar, por sorte, grazas aos gobernos do PP anteriores, todas as paróquias teñen a súa casa de cultura, o seu centro social. A min gustaríame poder programar diferentes actividades nesas parroquias. 

Falando de cultura, elaboraron algunha outra proposta para mellorar este eido?
É un tema que me preocupa porque traballo niso, e evidentemente se gobernamos, encargareime persoalmente que iso que estamos comentanto chege a bo porto, non só coas arcas municipais, senón coa colaboración doutras institucións como pode ser a Xunta. É moi importante que escoitemos ás propias asociacións culturais e despois tamén hai unha cuestión que me veñen comentando ao longo deste tempo que é a falta de previsión e de organización de dúas festas que son referentes no noso concello, como son as festas de San Benito e a festa dos Callos. 

Será a súa primeira presenza como cabeza de lista nunhas municipais. Como afronta este momento?
Con moitísima ilusión pero sobre todo con moitísima responsabilidade, porque levo algún tempo na política, pero é a primeira vez que me presento, neste caso, como candidata do Partido Popular para lograr unha mayoría absoluta para acceder á alcaldía e a verdade é que me fai moitísima ilusión. Na presentación, que aproveito para agradecer a Ana Pastor e Mariano Rajoy a súa presenza, dixen que é unha de grandes responsabilidades, sobretodo, porque ao final, por diferentes avatares, estás traballando fora do teu concello, pero eu nacín, criéime, estudei, caseime, tiven a miña filla aquí, e sigo vivindo en Meis. Estou moi ilusionada, pero sobre todo estou moi concienciada da responsabilidade que conleva o cargo de candidato. Imaxínate a responsabilidade que será para min se os veciños e as veciñas de Meis me dan o seu apoio para ser alcaldesa.

De non lograr a maioría, estaría disposta a pactar con outras formacións para acadar esa alcaldía?
Non estou pensando en pactar con outras formacións. Tanto eu como a xente que me acompañan estamos traballando durante estes 15 días arreo para conseguir esa mayoría, non contemplo outra situación. 

A executiva propúxoa por unanimidade como candidata do seu partido. Que lle pode ofrecer á cidadanía de Meis?
O primeiro, humildade. E despois o que eu puedo ofrecer, fundamentalmente, é traballo, honestidade e sobre todo honradez. Traballar arreo por conseguir cousas para os veciños e as veciñas de Meis.

Recentemente produciuse o conflito da recollida do lixo. Como enfocarían dende o seu partido este tema?
Non é un conflito, é unha sentenza xudicial demoledora, na que o xuiz pon en tela de xuizo ponentele a lixo. Baixo a cuestión, primeiro, que non volvera a convocar o concurso a nivel Concello. E no momento no que se mancomunou, o propio xuiz está a dicir que non está como debería estar. A cuestión máis importante é que ese concurso supón, dende 2019, estar gastando anualmente máis de 80.000 euros nos servizos do lixo, o que supón, durante todo o período de contrato, que son 4 anos, gastar case 400.000 euros a maiores. Iso se non sae do peto dos veciños e veciñas, sale das arcas municipais, que son de toda a poboación de Meis 

Como convencería á mocidade de Meis de que nesta localidade poden ter o seu futuro?
Persoalmente preocúpame este tema. Somos un municipio que perdemos a condición de ser un municipio que ten máis de cinco mil habitantes, polo que non tes acceso a determinadas, axudas xa sexan autonómicas ou estatais. Eu ademais teño unha filla que de vinte anos e gustariame que quedara en Meis. Creo que temos que incentivalos e motivalos, sobre todo dando facilidades. Facilidades para que poidan facer o seu proxecto de vida aquí, e explicándolles que estamos moi ben comunicados cos diferentes municipios próximos, onde hai traballo, e tamén gustaríanos fomentar ese traballo no municipio. E incluso aumentar esa actividade socio-cultural para que se queden e queiran ter os seus fillos no noso concello.

Destaque dous rasgos da súa lista.
Téñoo claro. Un, compromiso. Dous, non importan os números (os postos), importan as persoas. Sobre todo, a implicación.