Luis López: "Marta Lucio é unha aposta segura para garantir a transformación de Meis"

A candidata do PP afirmou que quere "devolver o protagonismo pedido ás parroquias e aos veciños" ▶ Mariano Rajoy non quixo perderse a presentación da candidatura como "embaixador da da Ruta da Pedra e da Auga"
Presentación de Marta Lucio como candidata del PP de Meis. RAFA FARIÑA
photo_camera Presentación de Marta Lucio como candidata del PP de Meis. RAFA FARIÑA

O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, sinalou este venres que Marta Lucio é unha aposta segura para garantir a transformación de Meis e para apostar por un concello renovado, máis forte e á altura dos seus veciños. “Ela e o seu equipo son garantía de compromiso, xestión eficaz e ilusión”, e por iso amosouse convencido de que, como sempre, o PP vai volver a gañar as eleccións en Meis. Iso si, pediu o apoio de todos para facelo por maioría absoluta e non ter que depender de ninguén porque, engadiu, “os que agora critican á alcaldesa e denuncian a súa mala xestión, volverán a apoiala si se presenta a oportunidade”. 

Foi durante a presentación da candidatura do PP de Meis ás municipais do 28 de maio, na que tamén participaron o presidente e honra do PPdeG e ex presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor. López recordou que as eleccións de maio “son fundamentais para o futuro dos concellos”, por iso di que “é moi importante elixir ben, apostar por proxectos serios, por equipos que traballen, que teñan ilusión e ideas. No Partido Popular tedes un equipo renovado, tedes un proxecto serio, unha candidata comprometida ao 200%, con moita ilusión e ideas para poñer fin a estes anos de desgoberno e falta de xestión”. 

Subliñou que en maio os veciños decidirán “entre a estabilidade e o progreso dun Goberno do PP, ou seguir catro anos máis estancados cun goberno de confrontación e que pouco aportou a mellorar a calidade de vida dos veciños. Cunha alcaldesa máis preocupada en saír nas fotos da presidencia da Mancomunidade que en atender as necesidades dos veciños de Meis”.

Pola súa banda, Mariano Rajoy dixo que Marta coñece ben aos veciños e as súas necesidades, e é a mellor candidata posible para levar adiante os servizos e os investimentos que este concello necesita, con responsabilidade e con rigor, con seriedade e eficiencia. É unha persoa dialogante, que sabe da importancia de ter unha boa interlocución co resto de administracións para chegar a acordos que beneficien a todos.

Ademais, recordou que gañar as eleccións municipais en cada concello por maioría absoluta é un gran paso para conseguir que Feijoó gañe as eleccións xerais de final de ano e sexa presidente do Goberno de España.

“Gobernar non é tan fácil, e eles non souberon facelo”

A candidata á alcaldía de Meis expresou o seu “agradecemento infinito” pola presencia de Mariano Rajoy, “un dos grandes embaixadores da Ruta da Pedra e da Auga”. Afirmou que presenta unha candidatura plural, diversa, comprometida, e representantiva de toda a sociedade de Meis, que comparte un único obxectivo: “sacar unha maioría ampla para devolver o protagonismo perdido ás parroquias e aos veciños”.

Por iso, comprométese a traballar de xeito serio e con honradez, cunha atención directa e personalizada, e sobre todo con transparencia. “Nos últimos catro anos sufrimos o abandono absoluto das parroquias por unha alcaldsa que tiña máis gusto pola foto que por solucionar os problemas reais das persoas. Un absoluto desgoberno e xestión, co enfrontamento diario co seu socio de goberno. Gobernar non é tan fácil e eles non souberon facelo”. 

Lista de candidatos
1. Marta Lucio Gómez
2. Joaquín Martínez Rodiño
3. Elisardo Vázquez Fontán
4. Jairo Paz Santamaría
5. Adriana Abal Sabarís
6. Rocío Vázquez Muíños
7. Tania Laíño Fraga
8. Marcos Roma Barreiro
9. Eva María Amor Marcos
10. Víctor Manuel Ucha Martínez
11. Sergio Castro Doval

 

Suplentes
1. Roberto Vázquez Melón
2. David Moldes Buceta
3. Emilia Gonzalo Dios
4. Silvia Fandiño González
5. Pablo Outón Falcón
6. María De Los Remedios Doval Casal
7. Rafael Bemposta Vega
8. Marina Sabarís Sabarís
9. María Del Pilar Beloso Fraga
10. Eugenio Fernández Gómez