As casas modernistas contarán con xeotermia grazas a unha subvención á Deputación

A administración provincial investirá no Centro Sociocultural 155.567 euros para instalación dun sistema soterrado de intercambio de enerxía co terreo
Casas Modernistas en A Illa de Arousa. CEDIDA
photo_camera Casas modernistas en A Illa de Arousa. CEDIDA

Os dous edificios do Centro Sociocultural de A Illa, conformado polas casas modernistas, contarán cun sistema de aproveitamento xeotérmico grazas a un investimento que realizará a Deputación de Pontevedra trala concesión da subvención solicitada no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado con fondos europeos (DUS 5000).

A partida concedida para o proxecto de A Illa de Arousa ascenden a 155.567,82 euros e permitirán a instalación nos dous edificios do Centro Sociocultural dun sistema de aproveitamento xeotérmico, mediante o intercambio soterrado vertical e unha bomba de calor que intercambia a enerxía co terreo. Deste xeito tanto a biblioteca, como a Escola de Música ou o Centro da Terceira Idade disporán dun sistema sostible de calefacción no inverno e de climatización nos meses de temperaturas máis altas.

A Deputación Provincial traslada así ás casas modernistas o seu compromiso coas enerxías renovables, unha liña de traballo que concorda coa implantada polo Concello de A Illa no sue Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).

A instalación da xeotermia por parte da Deputación Provincial suporá nun dos edificios unha reducción das emisións de 22,4 kgCO2/m2 ano a 14,0 kgCO2/m2 ano; mentras que no outro baixarán de 24,5 kgCO2/m2 ano a 14,1 Kg CO2/m2 ano. Luis Arosa, concelleiro de Servizos, valora especialmente o compromiso da Deputación de Pontevedra xa que, recorda, o obxetivo de A Illa é reduccir un 40% as emisións de CO2 a medio prazo; un obxectivo no que está especialmente implicada a concelleira de Medio Ambiente, Gabriele von Hundelshausen, que recentemente implementou novas medidas no PACES para lograr unha maior protección do medio.

Para logralo, e nalgúns proxectos tamén co respaldo económico da Deputación de Pontevedra, o goberno local iniciou a sustitución do alumeado municipal por LED, unha renovación que ademáis de conlevar un importante aforro económico para o Concello implica un claro compromiso ambiental.