Tres rúas do municipio contarán con iluminación LED tras un investimento de 4.000 euros

Nos vindeiros días rematará a instalación dos 20 puntos de luz previsto, que suporán un aforro enerxético do 70% nas rúas Sucavirto, Suaviña e dos Cons
LED A Illa
photo_camera As actuacións terán lugar nas rúas Sucavirto, Suaviña e rúa dos Cons. CONCELLO

O Concello de A Illa avanza no seu proxecto de aforro enerxético co investimento de 4.000 euros na sustitución das luminarias públicas na rúa Sucavirto, Suaviña e rúa dos Cons. En total son 20 puntos de luz os que se acabarán de cambiar nos vindeiros días, unha iniciativa que se extenderá neste ano a outras rúas da localidade cun aforro previsto do 70% xa que o consumo pasará dos 80w actuais a 26w.

A intención do goberno local é aplicar a tecnoloxía led no maior porcentaxe posible do alumeado público na Illa e nese contexto elaborou unha memoria que recolle luminarias e cuadros que sería necesario sustituir de cara a unha renovación integral en todo o termo municipal; documento base para a solicitude de subvención tramitada ante o Instituto por la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDEA), por un importe de 953.925,20 euros.

O proxecto, tramitado desde a Concellalía de Servizos que dirixe Luis Arosa, cumpre con todos os requisitos para optar ás axudas europeas, que inclúen nas súas bases unha financiación do 100% do investimento e suporía para o Concello de A Illa un aforro no gasto enerxético do 70%.

O estudo previo incorporado á documentación sitúa o consumo de enerxía actual en 930.816,70 kWh, mentras que coa sustitución eléctrica situaríase en 200.073,60 kWh.