O CIM da Mancomunidade impulsa a segunda edición do foro 'O Salnés emprende con M'

Foto de familia dos participantes da segunda edición do foro 'O Salnés emprende con M'. DS
Na cita participaron mulleres expertas, emprendedoras, directivas e representantes institucionais, económicas e sindicais

O CIM da Mancomunidade do Salnés acolleu este xoves día 14 a segunda edición do Foro de Emprendemento de Mulleres O Salnés Emprende con M

O Foro comezou ás 17.00 horas no Salón Pitusa e durante tres horas, persoas expertas, emprendedoras, directivas e representantes institucionais, económicas e sindicais abordaron a axenda común do emprendemento feminino en Galicia, o impacto das políticas de igualdade nas empresas e os recursos existentes.

O acto, que estivo aberto á cidadanía, abriuno a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, acompañada do Presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Ribadumia, David Castro.

O evento, no que participaron os Concellos que forman o CIM do Salnés, pretende asentarse como unha cita ineludible coa igualdade e a economía para o emprendemento, nun entorno óptimo para por en marcha proxectos profesionais liderados por mulleres e nun momento de desafíos sociais e económicos que require o coñecemento de recursos e medios, redes e espazos de reflexión e debate