Cambados entrega vinte composteiros individuais entre a veciñanza de Castrelo

A iniciativa, enmarcada na campaña Gústanos Cambados Limpo estenderase a todas as parroquias do rural
Entrega dunha vintena de composteiros e charla informativa á veciñanza de Castrelo. DP
photo_camera Entrega dunha vintena de composteiros e charla informativa á veciñanza de Castrelo. DP

Cambados dá un novo pulo á compostaxe. O alcalde Samuel Lago entregou este mércores unha nova tanda de vinte composteiros individuais á veciñanza da paroquia de Castrelo nun acto que se desenvolveu na Casa de Cultura da parroquia.

Ademáis de recoller o depósito de compostaxe, as persoas asistentes recibiron unha charla formativa sobre o uso deste tipo de contedores por parte do mestre composteiro da Mancomunidade, Gustavo Cochón.

Tal e como explicou o rexedor cambadés, o reparto de composteiros individuais estábase centralizando no Punto Limpo pero agora se decidiu realizar as entregas por parroquias para chegar ao maior número de persoas.

A esta primeira entrega en Castrelo sucederanse outras en cada parroquia do rural do municipio co fin de achegar os composteiros individuais a toda a poboación.

Asimesmo, outra novidade é que a persoa que asista á charla pode solicitar o composteiro no mesmo momento, sen ter que cubrir o formulario previamente nas dependencias municipais.

En todo caso, o Concello todavía mantén provisión de composteiros individuais, de xeito que a veciñanza pode seguir optando por solicitalos no departamento de Medio Ambiente ou a través do formulario correspondente a disposición no Rexistro.

A distribución de composteiros individuais forma parte das políticas medioambientais que o Concello de Cambados ven desenvolvendo nos últimos anos.

Entre elas, o aumento dos composteiros comunitarios, que chegan actualmente a sete unidades distribuidas en varias zonas do centro urbano. 

Un dos últimos, o ubicado no Beleco, triplicou nun mes os quilos de resíduos aportados pola veciñanza residente na contorna despóis da charla impartida nas instalacións dentro da campaña Gústanos Cambados Limpo, que o Concello ven desenvolvendo en colaboración con Valoriza.

"Estamos moi satisfeitos do resultado que están arroxando as diferentes iniciativas medioambientais da campaña, xa que están a ser moi ben acollidas entre as persoas destinatarias, tanto escolares como colectivos deportivos ou a veciñanza en xeral", indicou Samuel Lago.

As actividades de "Gústanos Cambados Limpo" continuarán nos vindeiros días cunha nova charla no composteiro comunitario da Praza de Abastos para incentivar a compostaxe entre a veciñanza da contorna.