Evento

Festa da Agua de Vilagarcía

11/08/2023 a 20/08/2023
Vilagarcía de Arousa
fiestadelagua (1)
photo_camera Grupo de persoas desfrutando da Festa da Auga. DS

As Festas de San Roque 202 chegan a Vilagarcía de Arousa o vindeiro venres día 11 de agosto coa lectura do pregón dende a Casa Consistorial, e extenderanse ata o o domingo 20 coa volta da Festa da Ameixa de Carril. O día de San Roque, festa local, será o mércores 16 de agosto ás 12.00 horas, cando as rúas e as persoas quedarán pasadas por auga.

As festas complementaranse con pasarrúas, o tradicional concerto da banda de música e outros espectáculos de animación que se darán a coñecer nos vindeiros días.

O ciclo de concertos arrancará o venres 11 co cantante de música urbana Don Patricio e concluirá o xoves 17 con veterano grupo de música tradicional Treixadura. En medio, o sábado 12 será o momento do espectáculo Hija de la Luna, un tributo a Mecano; e o domingo, o grupo local Coda porá en escena o musical Tarzán. O luns 14 será a quenda de Rayden e a súa banda, dentro da súa xira de despedida dos escenarios Quiero que nos volvamos a ver por última vez.

Os concertos continuarán o martes 15, con varios grupos locais e un espectacular desfile nocturno dos Festicultores, e o día 16 actuará a banda de cámara Arousa no auditorio. A oferta de concertos complétana tres verbenas, protagonizadas polo Grupo Claxon, Los Coleguitas e Metrópolis.

Os outros clásicos de San Roque xa teñen tamén o seu calendario pechado. O Festaclown desenvolverase entre os días 11 e 15, aínda que haberá un anticipo o xoves 10. Pola súa banda, o combate naval será na noite do sábado 19, e o desfile de carrozas o domingo 20, o mesmo no que se recupera a Festa da Ameixa na contorna da alameda, a lonxa e o peirao de Carril.