A Xunta creará un itinerario peonil de máis dun quilómetro nas PO-302 e PO-306

Agustín Reguera visitou na mañá deste xoves o lugar no que se substituirán as beirarrúas existentes por unhas novas cun pavimento enlousado de granito
Visita de Agustín Reguera a Vilanova de Arousa. DS
photo_camera Visita de Agustín Reguera a Vilanova de Arousa. DS

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou na mañá deste xoves o concello de Vilanova de Arousa. En concreto, o lugar onde nas próximas semanas arrancarán as obras de creación dun itinerario peonil que implicará ás PO-302 e PO-306. O obxectivo é que este itinerario comece na zona de Caleiro e chegue ata Vilanova. 

Ademais, a obra contempla a ampliación da rede de pluviais, saneamento e abastecemento actuais na PO-306. Tamén se renovará o alumado existente na PO-302, que transcorre polo núcleo urbano de Vilanova. Por último, reporase a capa de rodadura dun pequeno traxecto de preto de 300 metros. A actuación é posible grazas a un investimento da Xunta de preto de 1.3 millóns de euros.

Estas obras súmanse ás xa finalizadas neste concello e que partillan características. Neste sentido, o delegado territorial sinalou o apoio da Xunta á iniciativa do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Duran, que aposta por crear unha rede de sendas peonís que permitan aos veciños e veciñas gozar do seu concello dunha forma agradable e segura: “Dende a Xunta decididos a apoiar a humanización dos concellos galegos e tamén a facilitar o desprazamento a pé e en bicicleta de toda a cidadanía. A creación e mellora destas sendas, é unha boa forma de convidar á xente a deixar o coche na casa vir ata o centro do Concello a pé”.