Vilanova amplía en 11.000 horas anuais o Servizo de Axuda no Fogar

O obxectivo é que a Administración local poida continuar atendendo a aquelas persoas que se encontraban á espera do servizo
Fachada del Concello de Vilanova. DS
photo_camera Fachada del Concello de Vilanova. DS

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, informou ao alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, que a Xunta vai ampliar en 11.000 as horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) financiadas para atender a aquelas persoas deste Concello que están á espera do servizo. 

Ambos coincidiron na necesidade de continuar mellorando a colaboración entre Administracións públicas para garantir servizos de proximidade aos municipios do rural, máis en concreto ás persoas maiores.

Con este incremento, o Goberno galego eleva as horas a disposición do Concello ata as 35.300 horas anuais. Así mesmo, increméntase o investimento a este servizo en 132.000 euros ata chegar aos preto de 427.000 euros.

Escolas infantís
Este mesmo mes a conselleira de Política Social e Xuventude visitou Vilanova de Arousa para anunciar a creación dun punto de atención á infancia (PAI) e a posta en marcha dunha nova sala usos múltiples na escola infantil municipal cunha achega de 250.000 euros por parte da Xunta de Galicia.