Profesionais sanitarios de Vilanova expoñen as súas funcións ao alumnado do CEIP Xulio Camba

Recepcionouse a 25 alumnos deste centro educativo vilanovense nun percorrido por grupos acompañado por profesionais EIR e MIR que lles guiou polas diferentes “estacións” polas que tiveron que pasar
Centro de Salud de Vilanova de Arousa. DS
photo_camera Centro de saúde de Vilanova de Arousa. DS

Profesionais do centro de saúde de Vilanova de Arousa recibiron este xoves a visita de alumnado e docentes provenintes do CEIP plurilingüe Xulio Camba desta mesma localidade. Esta iniciativa da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés pretende achegar á comunidade educativa a actividade asistencial que desenvolven os profesionais do centro de saúde durante todo o ano nesta localidade arousá. 

Así mesmo, a visita escolar serviu para familiarizar aos meniños coas estancias, aparataxe e técnicas do centro de Atención Primaria, fortalecendo a relación establecida cos centros educativos locais e incrementando a experiencia do traballo comunitario.

Durante a visita, recepcionouse a 25 alumnos do CEIP plurilingüe Xulio Camba nunha sala do centro de Atención Primaria vilanovense, onde se lles explicou o desenvolvemento dun percorrido distribuído en varios grupos de meniños, aos que se lles asignou un profesional EIR e MIR do centro que lles guiou polas diferentes “estacións” polas que tiveron que pasar. 

Preguntas e explicacións do traballo

En cada “estación” houbo un profesional que previamente preparou sobres con preguntas. Cando o grupo chegaba a cada “estación” -emprazadas nas áreas de Pediatría, sala de análises, Urxencias, consulta de medicina e/ou enfermería, Fisioterapia e recepción- os nenos recibían unha breve explicación do traballo que se leva a cabo nesa área e, despois, lanzaban un dado xigante de cores. A cor que saía no dado era o mesmo do sobre asignado para respostar a pregunta que contiña.

Cando todolos grupos do CEIP plurilingüe Xulio Camba remataron o percorrido polo centro de saúde, reuníronse de novo para enumerar qué colectivo respondeu a máis preguntas, comentar a experiencia e despedirse do persoal, a quen lles agradeceron afectuosamente a celebración desta iniciativa didáctica.