Fabiola García salienta o programa Primavera Xove para conciliar durante a Semana Santa

O Goberno galego pon á disposición da mocidade 600 prazas en albergues e campamentos xuvenís da comunidade para que desfruten de alternativas de ocio educativo 
Fabiola García en as Sinas este sábado. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Fabiola García en as Sinas este sábado. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, destacou este sábado que o programa Primavera Xove facilita a conciliación familiar durante a Semana Santa. Fíxoo nunha visita aos mozos que participan nas actividades que se desenvolven no albergue xuvenil das Sinas ao abeiro desta iniciativa.

Fabiola García en as Sinas este sábado. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Fabiola García en as Sinas este sábado. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A través do programa Primavera Xove, a Xunta de Galicia ofrece estadías en albergues xuvenís durante os meses de marzo e abril a persoas con idades entre os 14 e os 30. Trátase de preto de 600 prazas en seis instalacións da comunidade para que a mocidade conte con alternativas de ocio educativo do seu interese e os pais teñan opcións de conciliación durante as fins de semana ou períodos non lectivos como a Semana Santa.

Visita a as Sinas este sábado. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Visita a as Sinas este sábado. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Nas Sinas, os participantes neste programa desfrutan de cinco días de aloxamento en réxime de pensión completa e dunha ampla proposta de actividades acuáticas, de tiro con arco e de obradoiros literarios. Ademais destas instalacións, outros espazos nos que se está a levar a cabo Primavera Xove son os albergues xuvenís Mariña Española (Sada e Bergondo); Lug II (Lugo) e Area (Viveiro); así como os campamentos xuvenís A Devesa (Ribadeo) e Pontemaril (Forcarei).