Os campamentos da Lanzada reúnen a 140 menores de toda a provincia

O campamento Depo Aventura A Lanzada ofrece diferentes actividades lúdicas e formativas a nenos e nenas de 35 concellos da provincia de Pontevedra
Nenos e nenas nunha clase de surf en Depo Aventura A Lanzada. J. Cervera/Arquivo
photo_camera Nenos e nenas nunha clase de surf en Depo Aventura A Lanzada. J. Cervera/Arquivo

Seis días son os que disfrutarán os nenos e nenas da provincia nos campamentos Depo Aventura A Lanzada que se realizan nas instalacións da Deputación de Pontevedra na zona de A Lanzada. Nesta terceira quenda reuniranse un total de 140 nenos e nenas de 35 concellos e desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecementos persoal e de coñecemento de lugar de fóra da contorna habitual. Ata o 9 de setembro, serán en total 1540 menores de 58 concellos da provincia os que participen nas once quendas que se dividen os campamentos. 


Nesta terceira quenda de Depo Aventura A Lanzada participan 70 nenas e 70 nenos, todas e todos eles nados entre os anos 2010 e 2015. Proceden de Vigo (31); Vilagarcía (11); Nigrán (10); Pontevedra (9); O Porriño (7); Ponteareas (6); A Estrada (6); Vilanova de Arousa (6); A Cañiza (5); Salceda de Caselas (5); Mos (4); Lalín (3); Pazos de Borbén (3); A Illa de Arousa (3);Cangas (3); Marín (3); Tomiño (2); Oia (2); Redondela (2); A Guarda (2); Cerdedo-Cotobade (2); Meaño (2); Baiona (1); Caldas de Reis (1); Salvaterra (1); O Rosal (1); Sanxenxo (1); Portas (1); Poio (1); Arbo (1); Gondomar (1); Ribadumia (1); Cuntis (1); Ponte Caldelas (1) e Tui (1). 

Neste campamento a Deputación ofrece ás nenas e nenos un programa de actividades baixo o nome "A Lanzada, un paseo pola historia", destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento multicultural da contorna. 

 

Os nenos e nenas farán o tradicional obradoiro para escoller a mascota oficial deste programa. Ademais, entre as iniciativas programadas no Depo Aventura 2023, inclúese unha visita á Illa de Ons e unha excursión relacionada coa natureza e coidado do medio ambiente.