Arousa Moza celebra este venres un intercambio xuvenil internacional

47 mozos e mozas chegadas de diversos puntos de Europa terán unha semana de convivencia e actividades
Erasmus Plus de Arousa Moza. DS
photo_camera Un dos intercambios xuvenís organizados por Arousa Moza. DS

A asociación Arousa Moza comezou o ano con forza con dúas formacións internacionais levadas a cabo en xaneiro no Albergue xuvenil de As Sinas. Sen baixar o ritmo, este venres 16 de febreiro dará comezo outro intercambio xuvenil de sete días de duración. 47 mozos e mozas de España, Rumanía, Portugal, Bulgaria, Italia, Macedonia do Norte e Estonia asistirán a este proxecto levado a cabo por Arousa Moza, o cal está enmarcado no programa Erasmus + da Unión Europea.

O proxecto, de nome The Future is ECO, ou en galego O Futuro é Ecolóxico pretende aumentar a conciencia sobre o turismo sostible como forma de promocionar un estilo de vida saúdable, inclusivo e tolerante. As sesións seguirán as bases da metodoloxía non formal, grazas á que os participantes aprenderán ao seu ritmo e apréndese facendo actividades, afastándose das metodoloxías tradicionais. Ademais disto, cabe destacar que faremos actividades no exterior do recinto, coma por exemplo facer unha etapa do Camiño de Santiago.