Aberto o prazo de inscricións nas actividades do programa 'Primavera Xove'

Ofértanse 580 prazas en 29 quendas que terán lugar, entre outros, no albergue xuveníl das Sinas
Foto Xuventude Arousa Moza albergue As Sinas. DS
photo_camera Cristina Pichel visitou este xoves as instalacións do albergue das Sinas. DS

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, informou de que dende este xoves está aberto o prazo para inscribirse na terceira edición de Primavera Xove, programa que ofrece actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril en instalacións da Xunta de Galicia. Así o indicou durante unha visita a un intercambio xuvenil que desde o pasado día 15 e ata a xornada de hoxe tivo lugar no albergue das Sinas organizado por Arousa Moza co apoio da Administración autonómica. Cristina Pichel estivo acompañada do delegado territorial do Goberno galego, Agustín Reguera.

Precisamente, esta instalación é un dos espazos nos que se desenvolverá Primavera Xove, xunto cos albergues xuvenís Mariña Española (Begondo e Sada), Lug II (Lugo), Area (Viveiro), A Devesa (Ribadeo) e Pontemaril (Forcarei). O programa está dirixido a mozas e mozos de 18 a 30 anos; ofértanse 580 prazas en 29 quendas nos seis programas que conforman esta proposta que comezará a partir do 8 de marzo. Toda a información sobre Primavera Xove pode consultarse na páxina web de Xuventude.

Por outra banda, Cristina Pichel tivo a ocasión de conversar na mañá deste xoves cos arredor de 50 participantes de sete países diferentes que estes días danse cita no albergue xuvenil das Sinas no marco do proxecto de Arousa Moza O futuro é ECO. O obxectivo deste encontro é sensibilizar e mellorar o coñecemento da mocidade sobre o turismo sostible.