O centro Princesa Letizia poderá ampliar prazas grazas a unha achega de 2 millóns de euros

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou na mañá deste venres as instalacións 
(20230203_JLO_0128.JPG)  Salnes AGN VILAGARCIA DE AROUSA Pontevedra 11 30 h A conselleira de Politica Social e Xuventude Fabiola Garcia visitara o centro Princesa Letizia Amencer Aspace rua Duque de Terranova 7 11991
photo_camera Fabiola García na súa visita ao centro. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Xunta concedeu ao centro Princesa Letizia de Amencer-Aspace en Vilagarcía dous millóns de euros para a ampliación das súas prazas. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou este venres as instalacións, que con esta axuda creará 22 novas prazas de centro de día e nove de atención residencial para persoas con discapacidade. 

A conselleira concretou que esta axuda procede da nova orde de axudas para a construción ou remodelación de centros de titularidade social dotada con 13 millóns de euros e da que se benefician dez entidades da nosa Comunidade. Ademais, o Goberno galego colaborou con esta obra de ampliación a través da orde de axudas con cargo á casilla social do IRPF durante os últimos anos. 

Fabiola García destacou que coas novas prazas de atención residencial, esta entidade poderá facilitar estadías de fin de semana para respiro familiar a 135 coidadores habituais ao ano. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego ofrece axudas de entre 1500 e 1000 euros para estadías en residencias ou para o pago dun coidador no fogar. No último ano máis de 580 persoas recibiron estas axudas para “coidar de quen coida”.