Fernando Salgado compartirá a súa literatura no Centro Cultural Breogán

O xornalista e escritor estará este venres 26 falando coa veciñanza do Piñeiriño das súas obras Elefantes y hormigas e El humo del diablo
Fernando Salgado coas dúas obras das que falará na charla. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fernando Salgado coas dúas obras das que falará na charla. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O xornalista e escritor de Diario de Pontevedra Fernando Salgado compartirá espazo este venres, día 26, a partir das 20.30 horas, coa veciñanza de Vilagarcía para falar das súas obras Elefantes y hormigas e El Humo del  diablo. A actividade, que se celebrará no Centro Cultural Breogán, en O Piñeiriño, é gratuíta e aberta a todo o mundo.

A asociación Veciñal Breogán amplía a súa aposta pola literatura no barrio do Piñeiriño trala presentación do libro de Xoanqui Ameixeiras ou a charla co escritor Alonso De La Torre. A deste venres trátase dunha conversa aberta onde o autor falará das súas obras e atenderá as cuestións do público.

Elefantes y hormigas (novembro de 2013)

É un percorrido pola traxectoria de Stergios Patakioutas Skrimbas, un home nado en Macedonia (Grecia) ao que obrigaron a subir a un camión en Salónica, cando tiña catorce anos, xunto con toda a súa familia, rumbo a un campo de concentración nazi en Alemaña. Despois de pasar por varios campos de refuxiados en Italia, abandonou unha Europa en ruínas para iniciar a súa nova vida en Canadá e Arxentina e emigrar máis tarde a Vilagarcía.

El Humo del  diablo (marzo de 2015)

É a crónica da inmersión no mundo da cocaína e o bazuko protagonizada por José Antonio Iglesias Prieto, un enxeñeiro dunha multinacional estadounidense do motor nado en Portonovo (Sanxenxo), que acabou vivindo durante varios anos nas rúas de varias cidades de Colombia vendendo lixo, e logrou saír vivo do barrio do Cartucho, un inmenso gueto de Bogotá ocupado por miles de refugables que tamén se buscaban a vida reciclando.