Vilagarcía repartirá 350 quilos de uvas e 420 litros de cava na Festa das Uvas

A Concellería de Xuventude xa ten todo organizado para que a celebración do mediodía do 31 de decembro na Praza de Ravella sexa todo un éxito  
Celebracion pre fin de año con la toma de uvas en la Praza de Ravella. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Celebracion pre fin de año con la toma de uvas en la Praza de Ravella. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Vilagarcía mantense fiel á tradición de dar a benvida ao novo ano de forma adiantada e en comunidade coa Festa da Toma das Uvas.

 A Concellería de Xuventude xa ten todo organizado para que a celebración do mediodía do 31 de decembro sexa todo un éxito e volva reunir a milleiros de persoas ansiosas de recibir ao 2024 na Praza de Ravella.

Ademais do reparto de 350 quilos de uvas, gominolas e 420 litros de cava para o brinde, a festa contará cun espectáculo de acrobacias aéreas a cargo da compañía


Desastronauts, a animación musical do DJ Pablo Cubela, da discoteca móbil Dolce Vita, e a actuación en directo do Somoza Trío.

A Festa das Uvas terá lugar, como de costume, no mediodía do día 31, data que este ano cae en domingo polo que se espera aínda moita máis afluencia de xente que o que é costume. O reparto das uvas, do cava e das gominolas comezará ás 11 da mañá, con tempo suficiente para que os asistentes vaian facendo provisión dos ingredientes necesarios para recibir ao 2024 como manda a tradición. Para facilitar a distribución das viandas, instalaranse tres postos nos xardíns de Ravella.

A música da discoteca móbil e a animación do presentador, Fran Rey, irán quentando o ambiente ata as 11.40 horas, cando dea comezo o espectáculo de acrobacias aéreas que ofrecerá Desastronauts. Dez minutos antes das doce do mediodía o presentador volverá a tomar as rendas da festa, que seguirá con animación.