Obradoiros, animación e espectáculos no inicio da Aldea de Nadal de Vilagarcía

As casetas e a carpa de actividades abrirán todos os días dende as cinco da tarde ás nove da noite
A praza da Independencia de Vilagarcía xa está decorada con motivo da Aldea de Nadal de Navidad. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera A praza da Independencia de Vilagarcía xa está decorada con motivo da Aldea de Nadal de Navidad. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Co inicio das vacacións escolares arranca tamén a Aldea de Nadal na Praza da Independencia, unha actividade de ocio e dinamización organizada polas concellerías de Promoción Económica e Xuventude e que este ano se centra de xeito moi especial no público infantil e familiar. A partir de este venres, 22 de decembro, e ata o día 5 de xaneiro, a carpa de actividades e as casetas que conforman a aldea abrirán as súas portas a partir das cinco da tarde para acoller todo tipo de actividades culturais e de entretemento ás que pode asistir todo o mundo de forma gratuíta. Tampouco faltarán as casetas para venta de produtos propios destas datas, con espazo reservado para as entidades sociais do municipio.

A axenda da Aldea de Nadal inclúe actividades como os obradoiros de cociña Nadal Chef, en cada un dos cales poderán participar 15 nenos e nenas de entre 6 a 11 anos acompañados dun adulto. Non é necesario inscribirse previamente. Basta con achegars e ata a carpa da Independencia uns minutos antes do inicio para que os monitores tomen nota da inscrición.

A Aldea de Nadal contará coas visitas do Apalpador e de Papá Noel, e os elfos estarán presentes a diario animando e recollendo as cartas e peticións dos máis cativos. Ao longo destas dúas semanas, a Praza da Independencia converterase no epicentro do Nadal acollendo concertos musicais, espectáculos de mimo, cine, contacontos, pasarrúas e moito máis. Aínda que o horario xeral é de tarde, tamén funcionará pola mañá os días 23, 24 e 30 de decembro, así como o 5 de xaneiro.

Ademais, contarase cun pequeno mercado navideño onde se poderán adquirir produtos típicos destas datas e agasallos, como doces de Nadal, artesanía, bolsos, artigos de decoración, lámpadas turcas, cerámica, bixutería, queixos, embutidos ou mel, entre outras. E si, ademais, se quere ser solidario, sempre se pode aproveitar para adquirir algúns dos produtos elaborados polos usuarios de diferentes entidades sociais do municipio, como Amencer Aspace ou a Asociación TDAH Salnés, que tamén disporán de caseta rotatoria na Aldea de Nadal. A oferta complétase cunha foodtrack de venta de creps, chocolate e viño quente.

Pasarrúas inaugural cun Apalpador Xigante e reparto de paraugas Son da Casa!

A Aldea de Nadal inaugúrase este venres, ás cinco da tarde. Para esta primeira xornada o departamento que dirixe Álvaro Carou organizou unha actividade especial de dinamización a cargo da compañía de Nelson Quinteiro. Consistirá nun pasarrúas que partirá ás 18.00 horas do Auditorio Municipal para percorrer o centro urbano ata rematar na Aldea de Nadal. Un Apalpador xigante acompañará á comitiva que aproveitará para agasallar a fidelidade dos consumidores ao comercio local agasallando con paraugas da compaña municipal Son da Casa! ás persoas que fixeran compra nos establecementos da cidade, para o cal deberán presentar o ticket de compra.