Colectivos da Ría de Arousa interveñen en Carril para protestar contra a mina de Touro

O galardón de Ameixa de Ouro, outorgada ao director de Cobre San Rafael, Fernando Díaz, foi o motivo da crispación 

XXVIII edición da Festa da Ameixa de Carril, que volvía este domingo tras tres anos sen celebrarse, estivo marcada polas tensións. Diversos colectivos da Ría de Arousa e de Noia realizaron unha protesta polo recoñecemento oficial como Ameixa de Ouro a Fernando Díaz Riopa, director da empresa Cobre San Rafael.

O motivo desta manifestación foi a reapertura da mina de Touro, onde a empresa do recentemente galardoado impulsa o plan mineiro. As persoas afectadas elixiron a Festa da Ameixa para levar a cabo a protesta e chearon de crispación a celebración da parroquia de Vilagarcía.

O asunto xa foi motivo de polémica durante a semana logo da acusación de Esquerda Unida a Alberto Varela de "ser cómplice da campaña de branqueo que está a levar adiante a compañía Cobre San Rafael mediante a chuvia miúda de bondadosos donativos". O alcalde de Vilagarcía defendeuse aclarando "non ten relación algunha coa devandita empresa, nin recibe patrocionios dela para os actos organizados directamente por Ravella".