O luns remata o prazo para inscribirse nos semniarios que a USC impartirá no Auditorio

O proxecto "Camiños do Coñecemento" está pensado para persoas de 50 anos en diante e abranguen actividades de diversas materias ▶ Entre o 17 e o 28 de abril celebrarase as seis sesións previstas no programa deste ano. A participación é de balde

Auditorio de Vilagarcía. DP
photo_camera As sesión levaranse a cabo no Auditorio de Vilagarcía. DS

A Concellería de Educación do Concello de Vilagarcía informou de que o luns, 10 de abril, remata o prazo para inscribirse nos seminarios que a Universidade de Santiago de Compostela celebrará este mes en Vilagarcía no marco do proxecto Camiños do Coñecemento destinado a persoas de 50 anos en diante. Profesores da USC abordarán tres temáticas de interese en seis sesións a celebrar entre o 17 e o 28 de abril no Auditorio e en horario de tarde. A participación é gratuíta. Os temas a tratar nesta nova edición son Soidade non desexada, A carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán e Para que serven os insectos?

Os seminarios impartiranse na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal os días 17, 18, 25, 26, 27 e 28 abril en horario de tarde, de 16.30 a 18.00 horas. A maiores da idade, os únicos requisitos para participar son residir en Vilagarcía ou en outro municipio do Salnés e comprometerse a asistir ás seis sesións. As persoas que completen a formación nos tres seminarios recibirán o correspondente diploma acreditativo.

Medios de inscrición

A inscrición poderá realizarse presencialmente, no rexistro xeral do Concello (de 8.30 a 14.30 horas) ou telemáticamente, a través da sede electrónica, presentando debidamente cuberto o formulario específico que poden descargar do apartado de catálogo de procedementos propia sede. As prazas cubrirans e por rigorosa orde de inscrición.

Camiños do Coñecemento son unhas accións formativas organizadas pola USC coa colaboración do Concello de Vilagarcía destinadas a favorecer a democratización do coñecemento, potenciando e difundindo o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50, de xeito que poidan continuar formándose e ampliando os seus estudos a través da propia universidade. O Concello de Vilagarcia colabora na iniciativa ao igual que co Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, implantado hai xa dous anos e que conta con sede permanente en Vilagarcía.