Treixadura celebra o seu trinta aniversario no Parque da Xunqueira

O concerto, que está dentro do programa Musigal, está previsto para as 22.00 horas con entrada de  balde
Treixadura en concerto este ano. DAVID FREIRE
photo_camera Treixadura en concerto este ano. DAVID FREIRE

Vilagarcía chega á recta final das súas festas de San Roque e, para despedir, organizan un concerto moi especial este xoves. O grupo tradicional Treixadura, que está celebrando o seu trinta aniversario, vai realizar un concerto repaso da súa discografía, que conta con seis volumes, pero especialmente do seu último traballo Camiño longo. Neste traballo recuperan as melodías dos seus inicios para descubrir, segundo os seus compoñentes "como lles cae a madurez e a experiencia aos temas máis emblemáticos".

O concerto está realizado dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra. O concerto está previsto para comezar as 22.00 horas no Parque da Xunqueira, con entrada libre e gratuíta.