A soprano rusa Julia Muzychenko ofrece este sábado unha gala lírica

O espectáculo, con entrada de balde e representado no Auditorio municipal, forma parte da programación da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía
Julia Myzuchenko. DS
photo_camera Julia Myzuchenko. DS

O Auditorio de Vilagarcía acollerá o vindeiro sábado, 21 de outubro, a actuación da soprano rusa Julia Muzychenko, acompañada da pianista ucraniana Alina Artemyeva, quen vai protagonizar a gala lírica enmarcada dentro dos espectáculos programados pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía. A entrada ao concerto será de balde grazas ao patrocinio da Concellería de Cultura, que asume o custe da actuación co obxectivo de facilitar que calquera vilagarcián poida gozar dunha excepcional velada musical. O concerto comezará as 20.30 horas.

Como de costume, a SFV inclúe en cada tempada unha gala lírica. O programa deste ano foi elaborado pola propia Muzychenko, que seleccionou obras tan coñecidas como Je veuxvivre do Romeo e Julietta de Gounod, Quandom’envo… de Musetta da Boheme de Puccini ou Caro nome de Gilda no Rigoletto de Verdi. No concerto tamén se poderá gozar da interpretación de cancións e romances de Rachmaninov, cando se conmemora o 150 aniversario do seu nacemento, e de vibrantes pezas de zarzuela.

A artista

Julia Muzychenco é unha das máis destacadas novas voces do panorama lírico europeo. Tras estudar no Conservatorio de San Petersburgo e posteriormente na Hochschulefür Musik Hanns Eisler de Berlín, obtivo numerosos galardóns en importantes certames, entre os que destacan o seu recente terceiro premio no Concurso Reine Elisabeth de Bruselas, o segundo no Concurso Caballé ou o Salicid’ Oro en Vienna…. Conta cunha gr an experiencia e brillantes aparicións nalgúns dos teatros de ópera máis prestixiosos como o Comunale de Bolonia, Semperoper Dresden, o Mariinsky de San Petersburgo, o Regio de Parma, o Deutsche Oper Berlin ou o Montpellier, que continuará esta temporada con diversos proxectos operísticos, combinándoos con aparicións en galas coa Orquestra Nacional de Bélxica e cun tour de concertos por Corea do Sur.

Pola súa banda, Alina Artemyeva rematou a súa formación na Escuela Reina Sofía de Madrid, cidade na que exerce como pianista repertorista en diversas cátedras, incluída a de canto, dende hai máis de dez anos.