Rematan as melloras da Praza de Abastos a través do selo dos Mercados Excelentes

Praza de Abastos de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Os traballos, procedentes dunha subvención da Dirección Xeral de Comercio duns 44.000 euros, consistiron no repintado interior, substitución de vidros rotos e reposición de falsos teitos dos wc

O Goberno local de Vilagarcía deu por finalizadas as actuacións  actuacións de conservación e mantemento levadas a cabo nas últimas semanas na Praza de Abastos a través das axudas que leva o selo de Mercados Excelentes do que goza o servizo vilagarcián. Os traballos consistiron no repintado interior das instalacións, na substitución de vidros deteriorados, na revisión e limpeza dos canlóns de desaugue do tellado e no arranxo do falso teitos dos aseos. As obras, executadas pola firma Reformas Trébol, tiveron un custe de 44.000 euros que se financiaron coa subvención da Dirección Xeral de Comercio para a Dinamización da Rede de Mercados de Galicia.

As actuacións realizadas contribúen a manter e conservar as instalacións do mercado público en perfecto estado e a seguir avanzando na modernización e mellora dos sistemas de venta, tanto de cara aos vendedores, como aos usuarios. Nos vindeiros días levaranse a cabo dúas accións formativas orientadas aos concesionarios da sala de abastos a efectos de melloren as súas técnicas de venta e ofrezan un servizo de calidade aos seus clientes. Estes cursos fináncianse co resto da subvención, cuxa suma total ascendía a 72.000 euros e ao que o Concello sumaba un 20%.