Ravella dotará de recollida de pluviais e renovará o saneamendo da rúa Quinteiro

A obra licítase por importe de 76.000 euros e un prazo de execución de 1 mes
Alcantarillado en la rúa Quinteiro, Trabanca Sardiñeira, Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Alcantarillado en la rúa Quinteiro, Trabanca Sardiñeira, Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Goberno local de Vilagarcía continua co programa de ampliación e mellora dos servizos básicos do municipio cunha actuación na rúa Quinteiro, na parroquia de Trabanca Sardiñeira. O Concello vén de sacar a licitación os traballos cun orzamento de 160.000 euros e un prazo de execución de 1 mes. O proxecto permitirá renovar por completo o saneamento e inclúe a instalación dun sistema de recollida de pluviais para evitar a acumulación de auga na vía e nas propiedades lindeiras. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da plataforma pública de contratación ata o día 21 de setembro.

Con esta actuación preténdese resolver as deficiencias que dende hai un tempo se viñan detectando na rede de residuais debido á antigüidade da instalación e ao deterioro da mesma. Por iso, a tubaxe substituirase por completo, construíndo unha nova rede que, por gravidade, se conectará ao colector xeral municipal que discorre polas inmediacións. Os traballos tamén permitirán que as vivendas máis recentes se poidan conectar ao servizo.

A creación de grandes bolsas de auga cando chove é outro problema que presenta a zona na actualidade. Esta situación dificulta o tránsito dos veciños e o acceso ás vivendas, e tamén é a causa do importante deterioro que sufre o pavimento. Para resolvelo, canalizaranse as pluviais que discorren pola superficie da vía e conduciranse ata a rede correspondente que pasa pola rúa da Fonte.

O proxecto concluirá co pavimentado do firme. A zona de tránsito de vehículos asfaltarase, e as áreas peonís e espazos residenciais remataranse con lastras.
Este non é o único investimento que se executará nos vindeiros meses en Trabanca Sardiñeira, xa que tamén se atopan en proceso de licitación as obras de humanización do acceso principal ao lugar, o que partindo da avenida Rosalía de Castro enlaza coa rúa Nosa Señora dos Anxos. A este proxecto destínanse 160.000 euros.