A Policía Local de Vilagarcía evita o suicidio dunha muller de 27 anos

A muller atopábase empolicada na ventá con medio corpo cara o exterior
Unha ambulancia do 061. ADP
photo_camera Unha ambulancia do 061. ADP

A rápida intervención da Policía Local de Vilagarcía impediu que unha muller de 27 anos perdera a vida nun intento de suicidio. Os feitos tiveron lugar o martes pola tarde nun edificio do centro urbano, onde a moza intentaba arroxarse dende unha ventá do terceiro piso no que reside. Segundo a declaración da nai, non era a primeira vez que a rapaza o pretendía. 

Sobre as 18.00 horas foi cando o 112 alertou á Policia Local e, así, unha patrulla da garda municipal dirixiuse ata o lugar indicado, logrando acceder ao interior do portal, pero non ao piso da muller, que nin atendía ás chamadas ao timbre para que lles abrise, nin era posible falar conela a través da porta para facela desistir das súas intencións. Foi a través da vivenda duns veciños como un axente puido comprobar que a muller atopábase empolicada á ventá e con medio corpo asomando cara o exterior. Ante a gravidade da situación, o municipal decidiu forzar a porta dunha patada, o que lle permitiu chegar ata ela, agarrala, introducila no interior da casa e tranquilizala ata que chegou a ambulancia que finalmente a traslodou ao Hospital do Salnés.