O Pleno de Vilagarcía xa acordara solicitar o cuarto xulgado

O Goberno local de Vilagarcía afea ao PP presentar unha moción "trece anos despois"
Juzgado de Vilagarcía de Arousa. DP
photo_camera Xulgados de Vilagarcía de Arousa. DP

O Goberno local de Vilagarcía aclarou este xoves que, na sesión do 29 de abril de 2010, o Pleno xa acordara solicitar á dirección xeral de xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que propoña ao Ministerio de Xustiza a creación dun cuarto Xulgado de Primeira Instancia e Instrución no municipio.

Ravella afirmou que impulsou esta e outras iniciativas, e afeou que "trece anos despois" o PP local, "coincidindo co PP no Goberno da Xunta e no Estado" presente unha moción co mesmo obxectivo.