Pinar do Rei acolle aos 260 exemplares de Tuia empregados no Nadal

As árbores que decoraron o Nadal de Vilagarcía. DS
Os operarios do servizo municipal de Xardíns foron os encargados de plantar as árbores

Os exemplares de tuia coas que o Concello decorou as rúas comerciais da cidade durante a campaña de Nadal xa medran libremente en Pinar do Rei. Os operarios do servizo municipal de Xardíns foron os que se encargaron de plantar as árbores no parque forestal da ladeira de Xiabre ao non poder levarase a cabo a actividade de repoboación co alumnado da escola unitaria de Guillán, como estaba previsto, debido á chuvia.

Das 300 árbores adquiridas, plantáronse as 260 recuperadas das rúas tras restar os exemplares malogrados polos temporais e ás subtraccións.

A distribución das árbores foi unha iniciativa de dinamización comercial levada a cabo pola Concellería de Promoción Económica que se financiou con Fondos Next Generation cun investimento de 15.200 euros.