Pechado temporalmente o parque canino de Fexdega para reconstruír o muro da rúa Castiñeiro

A raíz da caída dunhas pedras o Goberno local optou por derribar toda a construción para substituíla por unha nova con máis garantías de seguridade
Parque canino de Fexdega. DP
photo_camera Parque canino de Fexdega. DP

O parque canino de Fexdega permanecerá pechado parcialmente a partir de este mércores e durante uns días co obxectivo de reconstruír o muro de peche que linda coa rúa Castiñeiro. A raíz do desprendemento dunhas pedras, tras comprobar o deteriorado estado no que se atopaba toda a construción, en lugar de arranxar unicamente a zona afectada o Concello optou por derribar toda a parede e construír un peche novo que ofreza todas as garantías de seguridade. A parte da instalación para mascotas situada no interior do recinto permanece operativa.

Persoal de Obras e do Servizo Municipal de Emerxencias procederon na mañá deste mércores ao derribo do muro e ao precinto das instalacións. O precinto das instalacións faise por motivos de seguridade dos propios cans, que poderían escaparse cara a estrada co conseguinte risco de ser atropelados por un vehículo ou provocar un accidente.

Os traballos de reconstrución do peche lateral comezarán o vindeiro luns, cando xa se disporá dos materiais e a maquinaria necesarias para efectuar a obra.