A ofrenda floral a Rosalía e o concerto de De Vacas, broche de ouro ao Día das Letras

Os grupos de baile tradicional da Escola do Gato Negro do grupo Malveiras tamén participan na celebración
Concierto del trío vocal De Vacas. ARCHIVO
photo_camera A actuación de De Vacas encabeza a programación para o Día das Letras. ARCHIVO

Os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas chegan mañá, 17 de maio, ao momento máis álxido da celebración e, como é costume, a actividades trasladarase ata Carril para facer a tradicional ofrenda floral ante o busto de Rosalía de Castro. A xornada vestirase de festa e de celebración coas actuacións folclóricas del grupo do Gato Negro e Malverias e cun animado concerto da formación galega De Vacas.

A axenda do Día das Letras galegas comezará ás 11.00 horas da mañá cos pasacalles dos grupos de gaitas que percorrerán as rúas da localidade. Ás 12.00 horas terá lugar a ofrenda floral a Rosalía de Castro, un acto no que participarán autoridades, representantes da cultura e veciños en xeral . A continuación haberá unha actuación de baile tradicional a cargo dos compoñentes da escola do Gato Negro e do grupo Malveiras e ás 13.00 horas, a formación De Vacas -famosas polas súas versións de grandes éxitos nacionais e internacionais con letras en galego e temáticas críticas e humorísticas- ofrecerá un concerto na Praza da Liberdade.

Exposicións ata finais de mes

Pese a que mañá é o día grande, a programación en conmemoración das Letras Galegas aínda manterase ata finais de mes a través de súas exposicións. Ata o 31 de maio poderáse visitar na sala de exposicións do Auditorio a mostra foto bibliográfica sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego. A exposición inclúe mat erial moi interesante para coñecer máis a fondo a figura e a relevancia do que tamén foi fundador da editorial Galaxia. Os centros escolares que desexen concertar visitas guiadas poden xestionalo mandando un mail ao enderezo de correo electrónico [email protected]

E dende este martes, a Biblioteca Municipal organiza nas súas instalacións da rúa Rey Daviña unha exposición sobre o homenaxeado que tamén se poderá visitar ata o 31 de maio.