Jesus Cintora falará en Vilagarcía sobre 'Poder y periodismo'

A conferencia terá lugar o mércores, 27 de decembro, no Salón García a partir das 19.30 horas ▶ A entrada é libre e de balde
El periodista Jesús Cintora. RAÚL TEJEDOR
photo_camera O xornalista Jesús Cintora. RAÚL TEJEDOR

A actualidade, a política e a crítica teñen un espazo reservado na axenda cultural de decembro en Vilagarcía da man de Jesús Cintora. O xornalista e presentador de televisión visita a capital arousá o mércores, 27 de decembro, para impartir unha conferencia que leva por título Poder y Periodismo e para presentar os seus libros No quieren que lo sepas e La Conjura. O acto terá lugar a partir das 19.30 horas no Salón García e a entrada é libre e de balde. O público asistente terá a oportunidade de interactuar co autor facendo preguntas sobre os temas tratados na charla e nas proxeccións de apoio.

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra, Jesús Cintora é xornalista, presentador de televisión e de radio, escritor e conferenciante. Na televisión presentou espazos como Las mañanas de Cuatro, Cintora a pie de calle e La Línea Roja (Cuatro TV, Mediaset); Las cosas claras (TVE) e Carretera y manta (La Sexta, Atresmedia). Os seus inicios na radio foron realizando prácticas na Cadena SER, onde tamén coordinou informativos como "Hoy por hoy", con Iñaki Gabilondo, e dirixiu os noticiarios Matinal, Hora 14 e Hora 25 fin de semana.

Como escritor conta no seu haber coa publicación de catro libros coa editorial Espasa-Planeta: os dous que presentará o mércores en Vilagarcía máis Conspiraciones e La hora de la verdad.

Ademais, é unha firma moi activa nas redes sociais, sumando cento de miles de seguidores en Twitter, Facebook, Instagram, TikTok e Youtube.