Un obradoiro para fomentar a creación de redes sociais rememora os fiadeiros tradicionais

A actividade terá lugar o mércores 14 de xuño no Auditorio, en horario de 17 a 19 horas ▶ A asistencia é de balde e está aberta á participación de mulleres adultas
Presentación de la edición de 2023 de Cidade de libro. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Presentación de la edición de 2023 de Cidade de libro. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza un fiadeiro participativo dirixido a mulleres adultas. O obradoiro, que terá lugar o mércores, 14 de xuño, de 17 a 19 horas no Auditorio, ten como obxectivo recrear o ambiente que se xeraba nos fiadeiros tradicionais, que propiciaban a creación de redes sociais e de apoio entre mulleres que se reunían para tecer e facer outro tipo de labores. A actividade é de balde e as interesadas poden inscribirse previamente nas dependencias da Área de Igualdade ou mandando un correo electrónico ao enderezo [email protected].

O fiadeiro será impartido pola asociación O Fiadeiro de Lupamar, integrada por artistas instaladas en Vilagarcía, que promoven obradoiros e encontros nos que afondar nas raíces do colectivo e tecer conxuntamente redes de afectos e coidados mutuos levados a cabo tradicionalmente por mulleres.

Os fiadeiros tradicionais eran espazos nos que as mulleres tecían xuntas, e mentres, cantaban e contaban, abríndose a compartir na confianza de que o falado no fiadeiro ficaba no fiadeiro. As mulleres de diversas xeracións e condicións xeraban encontros propicios para o diálogo, lugares seguros onde se transmitía sabedoría de xeración en xeración e constitu 7;anse fontes de intercambio da literatura oral diversa.

A labor a realizar no obradoiro de Vilagarcía será a confección dunha "áncora do amor incondicional", unha especie de pequeno "peto das cousas boas" inspirado nas "bolsas de atavíos" que tradicionalmente elaboran as meigas. Para facer este traballo, as participantes deben levar unha anaco de tea de 20x20 centímetros, fíos e agulla.

O fiadeiro participativo enmárcase na programación do Vilagarcía, Cidade de Libro, no que se inclúen outras dúas actividades organizadas pola Área de Igualdade: a presentación do libro Entre leiras e labores. Literatas-artistas, artistas-literatas, o mesmo 14 de xuño ás 19.30 horas, e a exposición que se inaugurará este venres na no Auditorio.Todas elas seguen a liña de traballo marcada no IV Plan de Igualdade Municipal co obxectivo e dar visibilidade ás achegas que as mulleres fan ao mundo da cultura, e tamén a poñer en valor a relevancia da súa labor no día a día e a favorecer a colaboración entre elas.