O novo videomarcador da Lomba terá un custo de 21.995 euros

A Deputación destinará un total de 206.000 euros para mellorar as instalacións deportivas do municipio arousán
Así vivió A Lomba el duelo del Arosa frente al Viveiro JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Estadio de A Lomba. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Deputación de Pontevedra aprobou unha nova axuda para o Concello de Vilagarcía de Arousa ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. En concreto, o municipio arousán dedicará unha achega de 21.995 euros á subministración e instalación dunha pantalla LED videomarcador no campo de fútbol da Lomba. O obxectivo é continuar adaptando as instalacións aos estándares esixidos para a celebración de partidos na categoría de segunda RFEF, despois de que o Concello efectuase unha completa renovación das súas luminarias. Desta maneira, instalarase un videomarcador cun tamaño mínimo de 13 m2, que incluirá unha pantalla LED de última xeración que poderá ser usada en espazos deportivos tanto exteriores como interiores. Ademais, a pantalla terá a dobre función de servir tanto de marcador deportivo como de soporte audiovisual informativo ou publicitario.

A capital do Salnés é o concello máis beneficiado polo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e poderá solicitar ata un máximo de 206.000 euros para construír novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, incluídas as cubertas destes espazos; modernizar, remodelar ou mellorar as instalacións deportivas; dotar de equipamentos ou material deportivo estas instalacións; ou adquirir terreos destinados a uso deportivo.

Así, fai unhas semanas o alcalde, Alberto Varela, anunciou a renovación do céspede do campo de fútbol de Berdón, que entrará dentro deste plan de axudas.